REXURDIMOS

Anos depois da desaparición da queridísma AC Tralla démonos conta do enorme vacío que quedou en tódala zona norte da Costa da Morte, agás algunha colaboración a título individual con algunha entidade privada ou co Concello a causa estaba moi morta. O sábado 4 de decembro do ano 2021 un concerto cas bandas Ambiguo, Recambios Tucho e os franceses 58 Shots supuso o encendido da mecha que acabou por formar esta asociación cultural, no vran do ano 2022, formada por 4 amigos e un amplio grupo de colaboradores e colaboradoras. O nome de Campal apareceu nas primeiras reunións, é unha palabra endémica de Malpica e o seu significado é algo superlativo e como apuntou unha compañeira ten case tódolas letras do nome do noso pobo. Tivemos claro que o evento principal do ano sería un concerto rock gratuito e incluso xa tiñamos o nome o BALEAFEST, xa que o noso pobo foi un dos pobos que se dedicaba a caza da balea nos séculos XVI e XVII que millor honra para os nosos devanceiros e tradición da nosa vila.